O estudo creador de xogos coma Remember Me ou Life is Strange anunciaron que se atopan en medio do desenvolvemento de Vampyr, un RPG que nos conta a historia dun vampiro.
Este xogo estará ambientado a finais da Primeira Guerra Mundial e nel tomaremos o mando dun doutor que, no seu retorno ó fogar, é mordido por un vampiro, o que provoca que se converta nun deles. Deste modo, o equipo médico deste doutor tentará curalo da súa maldición, pero o xogador terá que facer fronte a unha sede de sangue cada vez maior.
Non foi publicada aínda unha data para a publicación do xogo, pero seguramente falte moito para ese intre.