Dende Valve informaron recentemente de que non habería Steam Dev Days, e que a empresa levaría á vindeira GDC 2015 importantes novas acerca das Steam Machines.
Deste modo, supostamente a empresa americana mostrará importantes novas nas súas consolas e no seu mando, un dos puntos máis esperados do sistema. Ó mesmo tempo, declararon que a empresa ía ter unha presenza xigante no evento, con ditas máquinas ó fronte.