Recentemente Sony publicou os datos de vendas da súa consola de nova xeración.
Polas cifras publicadas pola compañía, na campaña de Nadal vendéronse 4.1 millóns de máquinas, para chegar a cifra total de 18.5 consolas vendidas. Temos que destacar que Sony declara as cifras de máquinas vendidas a consumidores, non de consolas enviadas ás tendas.
A maiores destas cifras, tamén publicou que en PS Plus hai 10.9 millóns de usuarios subscritos ó servizo. Tamén proporcionou o número total de xogos vendidos, que se eleva ata os 81.8 millóns de copias, 17.8 dos cales o foron no último Nadal.