Filtrados os requerimentos de GTA V para PC

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015

rsg_gtav_screenshot_362

GTA V chegará a PC o vindeiro 27 de Xaneiro, e os requerimentos oficiais mínimos e recomendados aínda non foron publicados, pero recentemente filtráronse uns, que non foron confirmados ou negados polos desenvolvedores.

Supostamente serían os seguintes:

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Intel Core 2 Duo E8200 / AMD Phenom II X2 545
  • Memoria: 4 xigas
  • Gráfica: Nvidia GeForce GT 530
  • Espazo no disco duro: 20 xigas
  • Sistema operativo: Windows 7, 8, 8.1 x64

 

Requermientos recomendados:

  • Procesador: Intel Core i5 2500T / AMD Phenom II X4 975
  • Memoria: 6 xigas
  • Gráfica: Nvidia GeForce GTX480 / AMD Radeon HD 6970
  • Espazo no disco duro: 20 xigas
  • Sistema operativo: Windows 7, 8, 8.1 x64

 

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

1 Comentario a “Filtrados os requerimentos de GTA V para PC”

  1. Antón di:

    Isto si que é un regalo de Reis, cun ordenador de 2 anos e medio pensaba que non ía chegar aos recomendados pero vou sobrado… hase de ver se chego a uns fps decentes…

Deixar un comentaio a Antón