Adolescentes xogan ao Mega Man orixinal (NES)

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014

Os xogos actuais son moooito máis fáciles que os de antes. Entón, como reaccionarán os adolescentes de hoxe a un dos xogos máis desafiantes da Nintendo?

Canal | REACT

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario