Rockstar podería facer públicos os requerimentos da versión para PC de GTA V a vindeira semana, dando un marxe dun mes de tempo en referencia á saída do xogo, que terá lugar o 27 de Xaneiro.
Así o deu a entender o estudo nunha sesión de cuestións e respostas a través da rede, cando respostou a unha pregunta referente a ditos requerimentos emprazando a un anuncio que terá lugar a vindeira semana.