Nintendo anunciou que o seu xogo de loita, Super Smash Bros, non recibirá actualizacións nun futuro próximo, para balancear o xogo nas versións de Wii U e 3DS. Isto, obviamente, sen contar o DLC que incluirá a Mewtwo como personaxe xogábel, que polo visto será a primeira e única proba de Nintendo coas actualizacións para o Smash Bros.
Nunha entrevista para Videogamer, Masahiro Sakurai, director do xogo, declarou:
“Entendo que os DLC poden engadir moito ao atractivo do Smash Bros., e son consciente de que a maior parte da excitación por estes xogos vén polas personaxes que aparecen nel, polo que penso que os fans poden desfrutar moito con novos DLC que manteñan a súa excitación. Porén, penso que podería haber moitas críticas dicindo que estamos a cortar o xogo para ir vendendo personaxes un por un, ou que estamos a engadr cousas que deberan estar desde o comezo.
O que podo dicir que DLC pagos é que non estamos a traballar en ningún no momento. Puxemos todos os nosos esforzos en crear o xogo real. Crear DLC implicaría un custo adicional elevado e require o envolvemento de moita xente”.