A versión embelecida (se iso é posíbel) de Trine, o xogo de prataformas desenvolto por Frozenbyte, chegará a PS4 o 17 de Decembro a través de PSN cun prezo de 12.99€.
Esta versión promete unha resolución de 1080p a 60fps na máquina de Sony, mentras que para a consola de Nintendo aínda non hai datas concretas, pero dende Frozenbyte falaron de Xaneiro como data de publicación, polo que haberá que ter o ollo botado na tenda de Nintendo a partir de ano novo, que de seguro que paga a pena.