Os problemas de rendemento de GTA IV en PC son de sobra coñecidos por todos, pero parece que en Rockstar non están dispostos a que o mesmo volva ocorrer no novo título da saga.
Deste modo, dende certas fontes fálase de que GTA V funcionará a 60 fps estábeis en PC, e incluso coméntase que o equipo encargado de portar Max Payne 3 a PC é o mesmo que está a traballar na conversión de GTA V.
De todos os modos, o que segue a ser un misterio son os requisitos mínimos que serán necesarios para mover o novo xogo, de modo que teremos que agardar a que sexan publicados para comprobar se a optimización permite xogar a 60 fps sen que necesitemos o PC da NASA.