Dying Light, un título bastante agardado polas comunidades de PS4 e Xbox One desde que fora anunciado, funcionará a 1080p e 30 fps en PS4.
Ou iso mesmo declarou o deseñador xefe do xogo a través de Ask.fm. Despois destas declaracións, un representante do estudo de desenvolvemento completounas a través do portal Gamespot, dicindo que esas eran as condicións que teñen nestes intres e as que garanten para cando o xogo vexa a luz o vindeiro 30 de Enero, o que, dada a proximidade da publicación, non da moitas esperanzas de que poidan mellorar antes da saída o mercado.
Tamén é importante resaltar que non se falou nada da versión de Xbox One, o que nunca se sabe se son boas ou malas novas.