FX Interactive anunciou que o seu simulador de manager deportivo, fx futbol 2015 está xa rematado, aínda que non proporcionou a data de publicación.
O novo título promete unha chea de novidades sobre os anteriores da saga, entre os que se atopan o poder dar ordes durante os partidos ou un “modo chapas” similar o clásico visualizador 2D do referente do xénero, football manager.