Un dos xogos destacados deste ano 2014 que está a piques de rematar, Alien: Isolation, recibiu unha actualización que engade 2 novas dificultades a un xogo xa por si mesmo esixente abondo.
Estes novos niveis de dificultade son o chamado “Pesadelo”, que, como é de supor polo seu nome, eleva a dificultade do xogo e que provoca que o Alien sexa quen de lembrar as nosas estratexias para non caer 2 veces na mesma trampa. O outro nivel adicional é unha simplificación do nivel normal, de modo que aquel que desexe rematar o xogo sen moitos problemas poderá facelo.
Este parche foi publicado antonte.