Half Life 3 e Left 4 Dead 3 confirmados

Por: Domingo, 25 de Maio de 2014

Minh “Gooseman” Le, un dos creadores do coñecido shooter online Counter Strike confirmou recentemente nunha entrevista no medio goRGNtv que a esperada terceira parte da saga Half Life está a ser desenvolta nestes intres.

Como non podía ser de outro modo, xa comezaron os rumores acerca dunha próxima saída do xogo tendo en conta que o E3 2014 terá lugar en datas próximas. Na direccion oposta, das palabras de Gooseman extráese que o desenvolvemento do xogo está nunha etapa bastante temprana, dado que únicamente fala acerca de imaxes conceptuais, non do xogo en sí mesmo.

Por outra parte, si que fala de imaxes ingame de outro xogo que era un segredo público que estaba en proceso de desenvolvemento, pero que agora queda totalmente confirmado, como é a terceira parte doutra das sagas de Valve, unha que trocou o mundo multixogador online para sempre, como é Left4Dead.

Parece que tras unha longa espera, por fin Valve aprendeu a contar ata 3.

Sobre o autor:

nach | Ver as entradas publicadas por nach »

«Ainda recordo a primeira vez que probei un videoxogo no primeiro pc que entrou na miña casa, aquel 286 con chave para acender e o lexendario botón "Turbo". Moitas horas da miña vida perdín naquel xogo chamado LHX, despois virían moitos máis, virían novos pcs, o Ignition, os Half Life, o Diablo 2, os PES, os CoD ou os Age of Empires, pero aquel LHX abriume os ollos e deixoume claro que eu quería traballar niso cando fora maior, e niso ando, tentándoo.»

Deixar un comentario