nintendo-logo

Soturo Iwata, despois da reunión que tivo cos accionistas da compañía e debatir sobre o futuro de Nintendo, anunciou que traballa nunha nova plataforma dedicada ao deporte e “calidade de vida”, recordando claramente a Wii Fit.

Nos próximos anos, Nintendo creará unha nova plataforma que será independente das plataformas de videoxogos existentes. Este novo negocio ten que ver coa “calidade de vida” e centrarase na saúde en primeiro lugar. Isto apóiase na historia de Nintendo, que nun pasado creou experiencias de entretemento interesantes e fóra do tradicional.

Aínda non anunciaron cando sairía esta nova plataforma, mais queren poñela nas tendas entre abril de 2015 e marzo de 2016.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Nintendo traballa nunha nova plataforma centrada no software educativo”

  1. […] Nintendo traballa nunha nova plataforma centrada no software educativo […]

Deixar un comentario