the-banner-saga
A compañía King, creadora do popular «Candy Crush Saga» e similares, presentou unha demanda contra o estudo Stoic, polo título do seu novo xogo «The Banner Saga».

Segundo King, o título “The Banner Saga” moi similar aos seus e pode provocar confusión e erros, o que pode provocar danos á súa marca.

Dende o estudo Stoic comentaron:

“Non imos facer unha saga viquinga sen a palabra “Saga” e non lle temos aprecio a calquera que nolo queira impedir.”

“King.com di que non están tentando impedirnos usar “The Banner Saga”, pero a súa oposición legal contra o noso rexistro da marca permanece. Estamos encantados coas mostras de apoio e a honra de que moitos outros están connosco polo dereito de ter a súa propia Saga. Só queremos facer grandes xogos.”

«The Banner Saga» acadou algo máis de 723.000 dólares na súa campaña de financiación en Kickstarter en abril de 2012, superando, con moito, o obxectivo inicial de 100.000 dólares. Para os que non o coñezades, o xogo é un RPG por turnos cunha ambientación viquinga.

Está dispoñible para descargar en Steam para Windows e Mac.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario