Visceral-Games

Visceral Games, pais de Dead Space, lanzaron unha serie de anuncios buscando e contratando “testers” experimentados en shooters en primeira persoa para probar un novo FPS de nova xeración.

O estudo xa estivo colaborando con DICE no desenvolvemento de Battlefield 4, incluso a última expansión de Battlefield 3 viña firmada por eles, o que nos fai intuír que este FPS que están a realizar podería tirar por esta saga.

Non hai nada confirmado polo de momento, mais as liñas indican todas para un mesmo camiño, e tendo en conta a degradación da calidade de Dead Space dende o seu comezo, alégrame que vaian por outros lares e non se estanquen.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario