Dende fai un tempo sabemos que Bioware traballa nunha nova entrega de Mass Effect (si,despois de todo o batifundio provocado polo polémico final da triloxía), pois grazas a Casey Hudson, productor executivo desta serie asegurou que xa está nun estado suficientemente avanzado como para xogalo.
Non só iso, senón que tamén están a traballar nunha IP completamente nova, da que tamén asegura que está nunha fase de creación moi avanzada.
Nun primeiro momento podemos supoñer que se trate dunha entrega de Star Wars, mais o feito de que sexa unha IP completamente nova fainos descartar esta posibilidade.
Agardaremos máis novas sobre estes proxetos, porque se Bioware foi un dos estudos a resaltar na actual/anterior xeración, nos anos próximos promete seguir dando que falar.