Por fin chegou o día. Aló polo 2012 apareceu un mod multixogador para o aclamado simulador de guerra Arma II chamado DayZ. Dito mod colocábanos no medio dun mapa inmenso cun único obxectivo: sobrevivir.
Si, sobrevivir, tiñamos que recoller auga para poder beber, comida para poder comer, recuperar partes de vehiculos para poder montalos e utilizalos para desprazarnos…e todo isto en medio de, como non, unha invasión zombie. Persoalmente boteille unhas cantas horas e moitas risas, as anécdotas que obtías de xogar un único día a ese xogo daban para escribir un libro, xa que ó ser a liberdade absoluta, moi pronto dábaste conta de que o verdadeiro problema non eran os zombies, senón os outros xogadores que pululaban polo mapa. Que si, que o mapa era enorme, pero sempre te atopabas con xogadores en moitos dos sitios, xa sexa cazando a outros humanos nos bordes dun encoro para roubarlles as súas posesións cando foran a buscar auga, campamentos camuflados en medio dun monte ou simplemente ir andando e atoparte con outras persoas no medio da nada e acordar unha alianza temporal para poder saír vivos desas cidades nas que unha ou dúas persoas tiñan poucas opcións de saír se non iban cargados ata o tope. A frase “Anyone friendly in Cherno?” xa forma parte de calquera persoa que probara DayZ no seu momento.
Tralo éxito acarreado por dito mod, non se tardou en confirmar o desenvolvemento dunha versión independente do xogo, que pasaría a ser chamada “DayZ Standalone”. Dita versión acaba de entrar en Steam mediante acceso temprán, o que implica que será unha versión alpha, con moitos bugs, pero que lle será moi práctica aos desenvolvedores para detectar e corrixir os erros que a xente encontre e lles notifique. A versión beta espérase para finais de 2014.