Valve ven de publicar a versión beta do seu sistema operativo baseado en Linux, o SteamOS
Dende a compañía afirman que esta versión beta non é apropiada para usuarios sen certos coñecementos técnicos e que non é un produto rematado, mais ofrecerá unha mellora de rendemento significativa.
Outro punto importante é que polo de agora soamente soporta certo hardware, pero están a traballar para aumentar a compatibilidade. É recomendable ler a páxina de «Preguntas e respostas de SteamOS» antes de probar a beta.
“SteamOS definitivamente non é un produto acabado preparado para un usuario non técnico.”
“Dito isto, xa podemos usalo nas nosas salas de estar. Estamos moi animados sobre o que é e o que vai ser. E cantos máis de vós o probedes e nos contedes as vosas experiencias, máis rápidamente puliremos as arestas.”
“Os usuarios non deben considerar SteamOS como o remprazo para o seu sistema operativo de escritorio. SteamOS está a ser deseñado e optimizado para unha experiencia na sala de estar.”
Podedes descargar a beta dende a súa páxina en Steam.