“Un verdadeiro motor gráfico de nova xeración”. Así nos presenta Ubisoft o seu novo motor gráfico «Snowdrop Engine» neste vídeo ambientado no xogo «The Division».
Para demostrar o nivel gráfico que poden conseguir con este novo motor, amósannos, entre outras cousas, como afecta a hora do día e os efectos climáticos aos cambios de iluminación e como reacciona o entorno á destrución que causemos nel.
O lanzamento de «The Division» está previsto para a segunda metade do ano 2014 para PlayStation 4 e Xbox One, mais dende a compañía non descartaron o seu lanzamento para PC, debido ás peticións da comunidade de xogadores.