Naughty Dog, antes de que se fixese tan famosa grazas a Nathan Drake e a súa serie Uncharted, xa fixera unha triloxía dunha calidade enorme na PS2 con Jak e Daxter, mais temos que retrocedernos aínda máis para chegar a Crash, un título exclusivo de Playstation que tivo gran éxito aló polo 1996.
Pois ben, a nova sae de Activision, posuidor dos dereitos desta saga e a que se mostra interesada en resucitar a esta mascota:
Activision posúe Crash Bandicoot e seguimos explorando formas de devolver a vida á querida serie.
Con esta noticia non é que me amose negativo, mais penso que Naughty Dog debía seguir facendo o que fixo até o momento, cada nova xeración, nova triloxía que deseña, e mirando o camiño recorrido, todas dunha enorme calidade, aínda que xa anunciado un novo Uncharted e con este rumor en pé de guerra, pretenderá vivr nesta xeración de nomes xa coñecidos?