Menos do 1% das PS4 terán problemas de hardware

Por: Mércores, 20 de Novembro de 2013

ps4 dual

Non só coas videoconsolas, senón en calquera tipo de dispositivo cando se lanza ao mercado un novo produto hai unha porcentaxe de unidades que se erguen con erros.

Pois na Playstation 4 acontece o mesmiño, e dende o lanzamento en norteamérica desta consola, algúns usuarios están tendo certo tipos de problemas.

Fai uns días Sony xa fixo un comunicado no cal mencionaba que ao redor dun 0,4% das consolas que se venderon poderían ter algún tipo de problema.

A medida que pasan os días, Sony vai tomando nota de como evoluciona a distribución e as queixas , e un representante de Sony América saíu a palestra a falar do tema:

Varios problemas foron reportados polos usuarios, o que nos leva a pensar que non é un problema singular que poida afectar a un alto porcentaxe de PS4. Tamén entendemos que algunha das unidades, presuntamente, danáronse durante a distribución. O número de sistemas afectados é menos dun 1%, o que representa unha porcentaxe moi pequena do total de unidades distribuídas até a data, e atópase dentro do rango esperado por un novo produto.

Obviamente Sony ofrécese a substituír todas as PS4 afectadas, polo que xa informou a todos os puntos de distribución.

O día 29 xa a teremos nas nosas tendas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario