Blow the Cartridge é un microdocumental codirixido por Alberto Abal e Rubén Calles, coa colaboración de Francisco Pérez e Irene Ríos. Con el, procuran formular unha visión xeralizada do estado da industria do videoxogo en España e das posibilidades que brinda a un rapaz nerd a piques de terminar os estudos.

Vía | Microsiervos

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario