NBA_LIVE14

Hai anos, ademais da batalla entre os partidarios do FIFA e os do Pro, había outro enfrontamento, aínda que cuantitativamente menor nestes lares, que dividía aos usuarios: escoller entre os xogos da saga NBA Live (os de sempre) ou os “recén chegados” de NBA 2k.

Dito dilema resolveuse unilateralmente cando EA Sports, a compañía creadora de moitas outras sagas deportivas de éxito, decidíu renomear a edición que vería a luz a finais de 2010 coma NBA Elite 11, pondo fin así a unha marca iniciada no ano 94 co NBA Live 95. Mais ese cambio xa era debido a un para eles necesario cambio de estratexia, xa que unha saga posterior á súa, os NBA 2k creados primeiramente para Dreamcast no ano 99, víñalle gañando a partida nos últimos anos, tanto en calidade coma en vendas.

Portada prevista do malogrado NBA Elite 11

Portada prevista do malogrado NBA Elite 11

Ao pouco os directivos de EA Sports deberon decatarse de que a batalla estaba máis que perdida, e o novo proxecto NBA Elite 11 foi cancelado mentres se agardaban que sopraran mellores ventos, propiciados pensarían, por unha caída da calidade dos NBA 2k ao carecer de competencia. Mais foi todo o contrario, 2k Sports non se acomodou e foi mellorando o seu xogo edición tras edición, proporcionandonos nos últimos anos o que para moitos é a mellor experiencia de xogo deportivo para consolas. As versións 12 e 13 do NBA Elite/Live previstas por EA Sports tampouco chegaron a ver a luz, sendo canceladas en distintos momentos do seu desenvolvemento.nba-2k14-next-gen-graphics-xbox-one-playstation-4-hd-preview

E é agora, coa chegada da nova xeración, cando EA Sports ve a oportunidade de relanzar o seu proxecto. Na mesma data de saída das novas Xbox One e PS4 os seareiros do basket teremos de novo varias opcións entre as que escoller: a espectacularidade, os equipos de Euroleague e o apadriñamento de Lebron James do NBA 2k14 e esta renacida proposta do NBA Live 14, recuperando a denominación orixinal, que vemos neste trailer:

 

Aínda é cedo para posicionarse, pero a primeira impresión é que a loita ten toda a pinta de voltar a ser desigual.

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario