Segundo as cifras ofrecidas por Microsoft, dende que comezaron a campaña en xuño, os xogadores pasaron un total de 120 millóns de horas xogando aos videoxogos que a compañía regalou aos subscritores Gold do seu servizo Xbox Live, entre os que se inclúen títulos como Fable III, Dead Rising 2 ou Rainbow Six Vegas. Nesta segunda quincena de outubro, están a regalar o Halo 3.
120 millóns de horas de xogo de «Games with Gold»
Venres, 18 de Outubro de 2013