dice-logo1

O productor executivo de DICE, Patrick Bach, estivo a falar sobre os xogos multiplataforma, e catalogou de covardes, pretender que en todas as versións se teñan que ver igual:

Tivemos un problema antes de que se acercase a Next-Gen, porque podiamos facer que un xogo lucise incríbel en PC (canto mellor era o PC, mellor loce o xogo), e entón ter un xogo que se mostrase estupendo en PS3 e Xbox 360, pero que non presentara un aspecto tan bo como no PC. E a xente non deixaba de protestar por iso.

A xente segue tocando o tema. Seguimos tendo vídeos comparativos nos que a xente nos xulgaba baseándose niso en lugar de compararnos con outros xogos das mesmas plataformas.

Podes tomar o camiño de covardes e fixar o teu límite en Xbox 360 e PS3, e facer que todas as versións se vexan igual que esas dúas, mais non é así como somos. Queremos lograr o mellor que poidamos co noso hardware.

Palabras para reflexionar. Debemos limitarnos para que todos teñan as mesmas posibilidades, ou pola contra o PC pode poñer en manifesto todo o seu potencial e deixar a un lado ás consolas no relacionado aos gráficos?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “DICE: “Facer que os multiplataforma se vexan igual en todas as consolas é coller o camiño de covardes””

  1. […] DICE: “Facer que os multiplataforma se vexan igual en todas as consolas é coller o camiño de cov… […]

Deixar un comentaio a DICE: “Facer que os multiplataforma se vexan igual en todas as consolas é coller o camiño de covardes”