super mario 3d world

Miyamoto, esa persoa que mantén a Nintendo a flote, fixo unhas declaracións sobre o que será o seu próximo proxecto, o Super Mario 3D World para Wii U.

Como saberedes, existen varias clases de persoas amantes dos xogos de Mario, os que prefiren as 3D e os que prefiren as 2D, pois ben, Shigeru Miyamoto amosouse positivo no seu último traballo e asegurou que está pensado para gustar a ambos bandos:

Cos xogos de Mario tes os títulos en 2D de desprazamento lateral, e os xogos como Mario Galaxy, que son en 3D. A xente tende a preferir un deles por enriba do outro.

O que intentamos facer con Super Mario 3D Land de Nintendo EDS e o que estamos tratando de facer con Super Mario ED World de Wii U é crear un tipo de Mario tridimensional a medio camiño entre ambos estilos.

Isto intentámolo realizar mediante o tipo de control, de tal xeito que permita a ambos xogadores desfrutar de verdade con este Mario.

Aínda sendo fan incondicional de Mario, non credes que se está sobrexplotando demasiado a saga con xogos que poderían dar moito máis de si? Porque dende logo sacan tantos Marios que xa non chama a atención a ninguén, cousa que por outro lado non estraña sendo case todos semi-clónicos.

De todos os xeitos Super Mario 3D World sairá o 29 de novembro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario