Compite contra “Stig” en Forza 5

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013

fm5
Para os que non o coñezades, Stig é o máis que coñecido misterioso piloto do programa británico Top Gear. É o encargado de levar ao límite os novos modelos que presentan no programa.

Cando ves o programa, sempre che queda esa pregunta: “Como o faría se correse contra Stig?”. Pois ben, tal e como nos presentan no seguinte tráiler, no Forza Motorsport 5 poderemos competir contra el, ou máis ven contra “o seu curmán dixital”.

Como a entrega anterior, o Forza Motorsport 5 contará co circuíto Top Gear Test Track, así como os comentarios dos seus presentadores Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May.

Estará dispoñible o 22 de novembro, data de saída da Xbox One. As reservas da videoconsola, poderán optar entre unha copia deste xogo ou do FIFA 14.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario