call-of-duty-ghosts
Se a calidade dos gráficos dos videoxogos avanza a pasos axigantados, os requisitos de hardware destes non se quedan atrás e os xogadores de PC ven con impunidade como o seu ordenador queda obsoleto en moi pouco tempo.

Un claro exemplo disto, será a vindeira versión para PC do «Call of Duty Ghosts», que precisará dun mínimo de 6 GB de memoria RAM e nada menos que 50 GB de espazo no disco duro. Como consecuencia deste primeiro requisito, tamén será necesario ter un sistema operativo de 64 bits, debido á limitación de 4 GB dos sistemas antigos de 32 bits.

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows 7 64-Bit / Windows 8 64-Bit.
  • CPU: Intel Core 2 Duo E8200 2.66 GHz / AMD Phenom X3 8750 2.4 GHz ou mellor.
  • RAM: 6 GB RAM.
  • Disco duro: 50 GB de espazo libre.
  • Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 550 Ti / ATI Radeon HD 5870 ou mellor
  • Tarxeta de son: Compatible con DirectX.
  • DirectX: 11.
  • Internet: Conexión de banda larga para o Multixogador. É necesaria unha conexión á Internet para a activación do xogo.

Fonte: Páxina de Nvidia.

Como non, dende Nvidia tamén recomendan ter unha GeForce GTX 780 para obter o mellor rendemento gráfico.

O lanzamento para PC, así como para PlayStation 3, Wii U e Xbox 360, está previsto para o vindeiro 5 de novembro, mentres que para PlayStation 4 e Xbox One está previsto para a data de lanzamento de cada unha, 29 e 22 de novembro, respectivamente.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario