Recentemente, a compañía Valve anunciaba o lanzamento dunha liña propia de PC’s, as Steam Machines. Nese mesmo anuncio tamén confirmaba que 300 usuarios poderían probar os prototipos antes de que saian á venda.
Hoxe coñecemos as especificacións que terá o hardware desas máquinas. Hai que ter en conta que non todas incorporarán o mesmo hardware e podemos ver que haberá varias configuracións diferentes:
- GPU: Nvidia Titan | Nvidia GTX780 | Nvidia GTX760 | Nvidia GTX660
- CPU: Intel i7 4770 | Intel i5 4570 | Intel i3
- RAM: 16 GB DDR3-1600 MHz (CPU) | 3 GB DDR5 (GPU)
- Almacenamento: 1 TB / 8 GB Híbrido SSHD
- Alimentación: Fonte interna de 450W
- Dimensións: 30 x 32 x 7,5 cm. (aprox.)
Serán totalmente actualizables e o usuario poderá reemprazar calquer peza por unha do seu gusto. Segundo as declaracións da propia compañía:
“Para ser exactos, este deseño non está pensado para todos os millóns de usuarios de Steam, aínda que pode ser a máquina ideal para unha importante porcentaxe de usuarios que a mercarían, eses que queren ter un alto rendemento no salón da súa casa. Outros moitos optan por máquinas deseñadas máis coidadosamente, deseñadas para custar menos, ser máis pequenas, silenciosas e haberá Steam Machines que cumpran esas descricións.”
Está previsto que as Steam Machines saian á venda durante o vindeiro ano 2014.