Posta de longo de GTA Online

Por: Martes, 1 de Outubro de 2013

actual_1380327011

Hoxe é o día no que Rockstar lanza GTA Online, a plataforma multixogador do ‘Grand Theft Auto V’ que está destinada a convertir Los Santos nunha cidade en constante cambio. Debido á expectación xerada, desde Rockstar ofrecen os horarios e detalles sobre o inicio de GTA Online na súa web.

Ás 7 AM ET, ou o que é o mesmo, na por agora hora vixente galega GMT+1, a unha da tarde, será a hora na que sairá a palestra GTA Online, que se actualizará para permitir que o cuarto oco da roda de personaxes do modo historia se convirta na nosa porta de entrada ao universo online do xogo.

Unha vez iniciado tocará crear a nosa personaxe, a súa familia, a súa vida social… Aspectos que afectarán ao desenvolvemento do xogo, ás nosas habilidades, etc…, polo que deberemos ter claro quen queremos ser nas rúas de Los Santos, xa que estas decisións serán definitivas e definitorias para esa personaxe.

actual_1380327342

A partir de aí a seguir a historia, realizar traballos e crear contidos como pistas de carreiras ou escenarios deathmatch. Conforme avanzas irás gañando reputación e cartos, cos que poderás mercar propiedades, desde un garaxe ata apartamentos aos que os teus amigos e outros usuarios so poderán entrar mediante invitación. Todo un clube privado online.

Por último confirmase que GTA Online usará microtransacións, ruxe ruxe que xa trataramos en Memoria Pixelada. Mais Rockstar quere remarcar que ninguén con moita pasta poderá arruinar a experiencia de xogo desequilibrando escenarios ou batallas cos seus recursos mercados.

Se algún tendes a fortuna de poderdes probar as primeiras horas do novo modo de xogo xa sabedes onde podedes deixar as vosas impresións. Pasade unha boa tarde en Los Santos!!

Sobre o autor:

@ssendon | Ver as entradas publicadas por ssendon »

«Entrei nesto da man de Alex Kidd, e desde aquel intre comprendín que parte da gracia é escoller o teu bando e criticar o dos outros. Declarome logo de Sega, da Xbox e do Fifa. No futuro apocalíptico que nos agarda enrolareime coma Gears ao servizo da COG, mentres tanto emulo, malamente, a ídolos musicais co guitar hero»

Deixar un comentario