Micropagos en GTA Online?

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013

gta 5 1

Coa repercusión que está a ter a quinta entrega de GTA penso que todos sabemos que o 1 de outubro chegará ás tendas GTA Online, do cal, aparte de que poderá soportar até 32 xogadores simultáneos, pouco máis se sabe.

Se cadra é porque Rockstar non quere dicir aínda todo… mais polo que parece GTA Online poderá contar con microtransaccións. Todo isto grazas a un usuario de Reddit que atopou un arquivo suxirindo o intercambio de diñeiro real, por virtual.

Concretamente o arquivo menciona o intercambio de diñeiro real por cheques de 100.000, 200.000, 500.000 e 1.250.000 dólares, acompañado do seguinte texto:

A pasta manda nesta cidade. Soluciona os teus problemas de diñeiro e date unha xudiña para conseguir o que queiras en Los Santos e Blaine Country coa compra de estes paquetes de diñeiro para GTA Online.

Todo o diñeiro mercado deposítase automaticamente na conta bancaria do teu personaxe. Gasta con cabeza, a terapia de diñeiro é breve.

Polo de momento non existe confirmación por parte de Rockstar, mais cando un rumor ten tantos detalles o seguro é que sexa verdade. Nos próximos días saberémolo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario