Se pensabamos que o Retrode era a útima opción para xogar cos nosos cartuchos de 16 bits, a compañía Hyperkin quere demostrarnos que estabamos equivocados, e rizan o rizo sacando ao mercado a multiconsola RetroN 5, unha nova consola que fusionará os sistemas de catro plataformas clásicas: Nes, Super Nes, Mega Drive e Game Boy Advance (tamén Game Boy e Game Boy Color) e engadindo ao software o adaptador Sega Power Base Converter tamén se poderá facer uso dos cartuchos de Master System. RetroN 5 é a sucesora de RetroN 3, que saía en 2010 sendo compatible cos tres primeiros sistemas antes indicados.
A saída de RetroN 5 está prevista para o 10 de decembro e o seu prezo rondará os 90€. O sistema incluirá un mando reconfigurable, ademais de ser compatible con máximo de dous mandos orixinais. Outras caracterísicas importantes son unha saída HDMI (720P), unha ranura para tarxetas SD, e a posibilidade de gardar a partida en calquera momento.
En definitiva, un sistema similar ao Retrode, do que falamos hai unhas semanas, pero co encanto de poder xogarmos no nosos televisores e non na pantalla do ordenador.