criterion_logo_lg

Por sorpresa nos colle esta nova, na que a famosa desenvolvedora Criterion Games, pais de Bournout, reduce drasticamente o seu persoal para quedarse tan só con 16 traballadores.

Despois deste comunicado, a compañía aclara que foi decisión propia e que Electronic Arts non tivo nada que ver neste novo rumbo.

Somos afortunados de formar parte dunha organización que conserva e invirte en novas licencias creativas. De verdade que non son o imperio do mal.

Mais ao preguntarlle a que se debe esta reducción, o director executivo Alex Ward, non entrou en demasiados detalles, só mencionando que podería ser unha decisión temporal para apoiar ao equipo de Ghost Games (a onde se foron a maioría dos traballadores) e asegurou que Criterion Games seguirá traballando no seu novo videoxogo:

Seguimos sendo Criterion e iso é o que importa. Nós os 16 mantemos a identidade do estudo e traballaremos nunha nova dirección.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario