Sony anuncia un redeseño de PS Vita

Por: Luns, 9 de Setembro de 2013

Na conferencia previa do Tokyo Game Show, Sony fixo un dos anuncios máis agardados, un novo redeseño de PS Vita para intentar inflar as súas ventas e facela despegar un chisco.

A nova versión será un 20% máis delgada, así como un 15% máis lixeira no seu peso. A nova máquina sairá á venta en Xapón o 10 de outubro, a prezos entre os 144€ e os 151€, co cambio de moeda.

Ademais disto tamén aclararon que a nova consola contará con outras cores, ampliaron a duración da batería e contará cunha memoria interna de 1GB para almacenar as partidas gardadas.

Será este o empurrón que necesitaba a PS Vita para despegar? Eu penso que o empurrón que necesita é unha maior catálogo de videoxogos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario