Volta rápida a Monza no «F1 2013»

Por: Sábado, 7 de Setembro de 2013

f1-2013_1
Coincidindo coa celebración esta mesma fin de semana do GP de Italia de F1, a compañía Codemasters publicou este vídeo onde nos subimos, como non podía ser doutra forma no trazado italiano, no Ferrari F138 de Fernando Alonso para dar unha volta ao mítico Autodromo di Monza.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

2 Comentarios a “Volta rápida a Monza no «F1 2013»”

  1. Leo Rolim di:

    Tenho o F1 2012, por mais que queira ter acesso aos pilotos clássicos, não tem como comprar esse, é praticamente igual ao anterior.

    • NetOverflow di:

      E o anterior era igual, e o anterior o mesmo…. etc.

      Na miña opinión, a calidade desta saga de videoxogos deixa moito que desexar, a pesar de que Codemasters non son precisamente novos nisto das carreiras…

Deixar un comentaio a Leo Rolim