Agora parece que a Microsoft lle vai algo mellor despois de que tivese que baixar os pantalóns diante dunha comunidade gamer que non aceptaba as políticas de obrigatoriedade a conectarse cada 24 horas ou o bloqueo dos xogos de segunda man, mais, aínda hoxe, na compañía seguen sen comprender esta reacción dos xogadores.
Así o comenta Albert Penello, quen parece que está tomando o control:
Penso que co tempo a xente entenderá o que intentabamos facer, e entón veranse as reaccións. A xente estará como “Deus, quero que aquelas medidas volvan”. O problema é que penso que os xogadores tiñan na cabeza que o que íamos facer era o mal, ou algo anti-xogador.
Estivemos observando como funciona Steam e IOS, cara onde ían os consumidores e pensamos, ” Agora podemos dar unha gran experiencia dixital”. O cambio ao dixital ocorrerá antes do que os xogadores pensan.
Agora pensámolo e non deixa de sorprendernos as reaccións ao que intentabamos facer.
Con isto podemos asegurar que Microsoft non se quita da cabeza o movemento que pretendían facer e tarde ou cedo levarano a cabo. En canto tempo pensades que o formato físico desaparecerá? Parece ser que ninguén é o suficientemente romántico como para querer conservar este formato.
Hai non, que eliminando o formato físico aforraranse os cartos de creación, edición e distribución…todo colle forma.
Que todo acabará sendo dixital e volverán poñer esas medidas xa se sabe que é cuestión de tempo. Alegarán, como fan noutras industrias, que é polo medio-ambiente, que se o plástico isto, que se os discos o outro… pero se o fan é sinxelamente porque lles sae máis barato.
E se baixaron os pantalóns foi soamente porque a súa principal competencia non seguíu os mesmos pasos e non tentou impoñelas polémicas medidas, porque, sexamos claros: se Sony as tivese incluído tamén, pouco lles ían importar ás dúas compañías os comentarios dos usuarios. Pero claro, vendo que non fixeron o mesmo, en Microsoft sabían de sobra cara onde se ía inclinar a balanza no número de vendas, que é o único que a eles lles importa e de aí a rectificación.
[…] Microsoft aínda non comprende porque causou tanta polémica o “sempre conectado” […]