rome-total-war-2
Chegou ao mercado antonte, 3 de setembro, pero numerosos erros gráficos e caídas, fixeron que Creative Assembly se puxera mans á obra para preparar un parche de actualización que solucione estes problemas.

Ademáis de arranxar os erros, tamén está previsto que modifique as rutinas da Intelixencia Artificial, que tamén recibiron moitas críticas, segundo os comentarios dos usuarios pola rede.

O comunicado completo da compañía:

Primeira actualización de Total War: ROME II Update este venres

En Creative Assembly estamos moi agradecidos pola resposta co Rome II, con centos de milleiros de xogadores desfrutando do xogo. Pero sabemos que, como en todos os lanzamentos masivos para PC, a variedade do hardware e as especificacións dos sistemas poden causar problemas a algunha xente e estamos traballando para axudarlles a ter a experiencia correcta.

Como anunciamos o mes pasado, tamén estamos a planear axustar o balance, rutinas da IA e outras características agora que temos os comentarios de milleiros de xogadores en tempo real.

O resultado é que a primeira actualización chegará este venres e coa intención de actualizar o xogo semanalmente nun futuro inmediato

A información completa do parche estará dispoñible o venres, pero arranxará erros coñecidos debidos a confitos de hardware, ademáis de numerosas melloras no rendemento.

Ademáis, calquera que experimente erros gráficos, incluíndo problemas coas texturas de baixa resolución, debería comprobar nos nosos foros de soporte en www.totalwar.com/rome2support onde hai suxerencias dos axustes que mellorarán os gráficos na maioría dos casos.

Tamén hai unha variedade de correccións suxeridas nos nosos foros de soporte. Por favor, visítaos ou envíanos un informe co teu problema directamente ao noso departamento de Atención ao Cliente para poder arranxar o problema.

Está previsto que ese novo parche se publique mañá, 6 de setembro, apenas tres días despois do seu lanzamento.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario