A compañía Nintendo acaba de anunciar o seu novo modelo de videoconsola portátil, a Nintendo 2DS.
Este novo redeseño, permitirá aos xogadores desfrutar de todo o catálogo da DS e 3DS, só en dúas dimensións, iso si. Polo demáis, seguirá tendo as demáis características da 3DS: dobre pantalla, conexión inalámbrica e pantalla táctil. Incluirá tamén unha tarxeta de memoria de 4GB e un punteiro como o da 3DS XL.
Unha das pegas que se poden apreciar cun primeiro vistazo é que, a diferenza dos modelos anteriores, non se pode pregar á metade cando non xoguemos, ocupando así moito máis espazo e deixando desprotexidas as pantallas ante posibles danos por accidentes.
O lanzamento está previsto para o vindeiro 12 de outubro.
A min parédeme un paso atrás…
Mais cada vez estou máis acostumado a que Nintendo me defraude.
Non é un paso atrás, é unha consola pensada para os cativos, xa que houbera queixas de que as 3D eran malas para eles. E o feito de non ter as pantallas pregábeis tamén vai nesa liña, xa que non sei como fan pero os nenos sempre acaban estragando as “bisagras” e a pantalla superior queda abalando.
Deste modo teñen 3 modelos de 3DS para 3 targets diferentes: a 2DS para cativos, a 3DS normal para a rapazada e a 3DS XL para os vellos. Moi intelixente, se o pensas.