Nunha entrevista recente, Frank Gibeau, xefe de Electronic Arts, comentou que a compañía aínda ten esperanzas coa saga «Dead Space», a pesar das malas cifras de vendas da súa última entrega, que aínda que non deron cifras oficiais, nun informe recente, confirmaron que non acadou as expectativas.
“Non estou anunciando nada agora mesmo, pero temos unha gran triloxía e aínda temos esperanzas na franquía.
“Dead Space é algo do que estamos moi orgullosos. Non vamos facer ningún comunicado público co que estamos a facer co seguinte Dead Space, pero temos unha enorme cantidade de grandes títulos que sacar do baúl.”
“A peor cousa que pode facer como unha empresa é tratar de facer moitas cousas á vez”
Haberá que agardar un tempo a ver que pasa coa saga.
Persoalmente penso que foi unha saga que non soubo evolucionar e despois dunha primeira entrega xenial, quixeron achegarse máis á acción que a un survival horror. Gran erro penso eu.