mirrors-edge-2

No 2008 saía a venta un xogo que non deixou indiferente a ninguén, unha especie de plataformas/aventura na que controlabamos a personaxe en primeira persoa. O título tiña como nome Mirror´s Edge, e grazas á innovación, xogo de cores, xogabilidade e innovación conseguíu facerse coa atención de case toda a comunidade gamer.

Mais disto xa van cinco anos e un xogo con tanta repercusión custa crer que non sacasen continuación, pois ben, agora sabemos os motivos, sabemos que foi a propia DICE as que tiñan dúbidas dunha segunda entrega e non Electronic Arts.

Así o explicou o productor de DICE, Patrick Bach:

O máis interesante de todo isto non é que Electronic Arts bloquease a DICE, se non que DICE non quería. Imaxina, é o teu propio diñeiro. En que queres apostalo? Queres facelo nalgo que sabes que será xenial.

Non podes apostar sobre un nome, tes que telo todo claro e saber cal será o concepto.

Até que non sabiamos exactamente o que queriamos que o xogo fose non llo presentamos a Electronic Arts. Entón, normalmente, cando lles gusta, a todo o mundo lles gusta.

Non iamos desenvolver algo no que non créramos, e isto leva tempo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario