Adeus meus queridos compañeiros

Adeus meus queridos compañeiros

De todos é sabido que Rare sufríu unha remodelación interna na que xa non queda ningunha desas persoas que fixeron da compañía algo enorme, mais algúns esperanzadores coma min, aínda cruzan os dedos para ver grandes clásicos como Banjo nas consolas actuais.

E isto pode ser unha realidade, mais non da maneira que todos queremos, xa que actualmente Rare está traballando en crear diferentes experiencias de xogo co Kinect, e parece que pretenden seguir o mesmo camiño de resucitar a algúns dos seus clásicos.

Hai moito desexo en facer iso, e xogos como Viva Piñata,Conker ou Banjo Kazooie son moi populares internamente, moita xente quere facer cousas para a franquicia Banjo.

Queremos atopar algo que ninguén fixese antes. Gustaríame inventar novos xéneros, novos camiños para xogar.

Este sensor danos a oportunidade para facelo grazas á fidelidade que ten agora.

Os que me coñecen saben que non me gustan en absoluto os xogos para Kienect e que amo encarecidamente os dous primeiros títulos de Banjo, polo que xa todos podedes imaxinar como me sinto.

Tan difícil sería realizar un Banjo Kazooi 3 rememorando os clásicos xogos de plataformas? Porque non botan un ollo atrás e reflexionan sobre por que a saga Banjo ten tanta fama?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario