ryse_sons_of_rome-006

As microtransaccións nos videoxogos é unha técnica que cada vez é máis habitual, recordemos que os DLCs comezaron poquiño a pouco…

Sen querer entrar en polémica, o productor de Microsoft afirmou que Ryse: Son of Rome terá microtransaccións, aclarou que non son centrais no xogo e que se centrarán no multixogador:

A maneira en que consigues armadura é moi similar a como o fas en Mass Effect ou FIFA. Só gañas ouro xogando ao multixogador, e usas ese ouro para comprar packs de mellora. Estes packs conteñen sets de obxectos aleatorios. En función dos diferentes rangos dos obxectos que consigues (dependendo de se compras packs de bronce, prata ou ouro), consegues obxectos raros o comúns.

Unha das cousas que fixemos un pouco diferente é que podes mercalos [os packs] coa moeda do xogo e con diñeiro real.A diferenza é que se che falta un pouco, tamén temos pequenas microtransaccións.

Poñamos como exemplo que un pack de ouro custa 15.000, pero só temos 12.500; podes comprar [con diñero real] a diferenza e só gastar un pouco e conseguir o pack de ouro. Ofrecemos un pouco de variedade aquí.

Nunca me gustou ter que pagar aínda máis do que custa o propio xogo, mais dentro do malo paréceme correcto esta medida.

Vós que opinades sobre as microtransaccións?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario