A compañía RockStar publicou na súa páxina web unhas animacións onde podemos ver con detalle tres novos modelos deportivos que atoparemos no novo «Grand Theft Auto V».
Como adoita acontecer na maioría de entregas desta saga, os coches teñen unha enorme similitude con modelos da vida real, pero por cuestións de dereitos, están modificados o xusto para evitar problemas legais. Así, atopámonos co Benefactor Feltzer(que lembre moito a certo Mercedes), o Obey Tailgater (moi similar a un modelo de Audi) e o Coil Voltic (alguén dixo Lotus Exige?).
- Benefactor Feltzer
- Obey Tailgater
- Coil Voltic
Podedes botarlle un vistazo na páxina de RockStar Games.
Sospeito que o nome do Coil Voltic é unha referencia ao Tesla S (Coil=bobina en inglés) http://www.atriumdesigns.com/images/Tesla_ModelS_Mesh_Purple.png