Na súa conferencia no pasado E3, a compañía Microsoft anunciara o lanzamento da súa nova videoconsola Xbox One este mesmo novembro de 2013 nun total de 21 mercados diferentes, pero agora chegan malas novas para os xogadores de oito deses mercados e tocaralles agardar a 2014 para poder desfrutar dela.
Podedes estar tranquilos, o mercado español non se verá afectado e recibirá a consola en novembro, tal como estaba previsto.
Os oito mercados que se verán afectados por este atraso son Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Países Baixos, Noruega, Rusia, Suecia e Suiza.
O resto de mercados onde non se verá afectada a data de lanzamento son: Australia, Austria, Brasil, Canadá, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, México, España, Reino Unido, Estados Unidos e Nova Zelandia.
Comunicado oficial da compañía:
“No E3, anunciamos que a Xbox One estaría dispoñible en 21 mercados ao redor do mundo no seu lanzamento. Foi un obxectivo agresivo e o equipo estivo a traballar moi duro para entregar as videoconsolas ao maior número de mercados posibles.
A nosa prioridade é garantir que os nosos clientes obteñan a mellor experiencia coa Xbox One o primeiro día que está dispoñible. Para iso e debido á demanda, axustamos o número de mercados que recibirán a Xbox One en novembro a 13 mercados, incluíndo Australia, Austria, Brasil, Canadá, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, México, España, Reino Unido, Estados Unidos e Nova Zelandia
Seguimos traballando para lanzar a Xbox One en Bélxica, Finlandia, Países Baixos, Noruega, Russia, Suecia e Suiza o antes posible en 2014.
Mentres que nós desexamos lanzar a Xbox One simultáneamente nestes mercados, hai moitos factores que determinan o tempo de lanzamento en mercados específicos. Isto inclúe o traballo de traducir a interface da Xbox One, incorporar voces e idiomas adicionais e establecer asociacións para levar aplicacións e contidos locais para cada país.
Entendemos que serán novas moi frustrantes para os nosos fans nos países afectados e estamos a facer todo o que podemos para levarvos a Xbox One o antes posible o ano que ven.”