BulletStorm-13-05-10-005

People Can Fly, antes de realizar o xustiño Gears of War: Jugdment, creou un FPS dos máis divertidos desta xeración, así de claro o digo e sen arrepentirme de nada, este shooter traía como nome Bulletstorm, mais ,a pesar de que a crítica fose boa con el, as ventas castigaron a este xogo sen merecelo.

Bulletstorm non chegou nin ao millón de copias vendidas entre todas as plataformas, mais Wojciech Madry, diseñador dos seus niveis aclara que fixeron todo o que estivo nas súas mans.

Penso que sempre que fixeras o mellor que puideches e les o entusiasmo da crítica, aínda que isto non se traduza en éxito comercial, sentes como quizais puideses ter feito as cousas doutra maneira.

Mais foi a nova IP máis exitosa dese ano.

O problema é, como na industria do cine, que a maior parte do diñeiro gáñana as secuelas. Ao final fixemos todo o que puidemos para crear un gran xogo, un que quixeramos xogar, e non hai nada do que avergoñarnos ou queiramos cambiar. Fixemos todo o que puidemos.

No seu momento en Memoria Pixelada realizamos a súa análise, podedes botarlle un ollo no seguinte enlace.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario