wad wad

No mundo dos videoxogos podemos ver de todo, dende un neno que salva á súa avoa grazas ao Mario Kart até a historia que nos depara hoxe, unha edición especial cun prezo de un millón de dólares.

Esta será unha edición especial de Saints Row IV e traerá o nome de Wad Wad Edition cun contido bastante elitista a verdade:

  1. Unha viaxe ao espazo
  2. Réplica a tamaño real da pistola Dub-Step
  3. Unha operación estética
  4. Un asistente persoal de compras
  5. Sete noites na suit real de Burj-Al-Arab en Dubái
  6. Unha experiencia de secuestro
  7. Un día de entrenamento de espía
  8. Unha colección de roupa
  9. Unha semana para dúas persoas no Jefferson Hotel de Washington DC
  10. Voos en primeira clase a Dubái e Washington
  11. Un lamborghini Gallardo
  12. O novo Toyote Prius cun ano de seguro
  13. Unha suscripción dun ano a Super Car
  14. E unha edición Commander in Chief de Saints Row IV

 

Debedes saber que só hai unha edición á venta, polo tanto se tedes por aí ciscados un millonciño de dólares xa sabedes onde os podedes gastar.

Sabiamos que esta saga é bastante tola, pero penso que romperon límites con esta edición.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario