hasbro
Ubisoft anunciou que chegou a un acordo coa compañía Hasbro para adquirir os dereitos dos seus máis populares xogos de mesa e crear videoxogos para as consolas desta e da seguinte xeración.

Dentro deste anuncio, menciónanse coñecidos xogos como o Trivial Pursuit, Risk ou o Cranium. Outros dous coñecidos xogos como son o Monopoly e Scrabble, soamente son mencionados para o seu lanzamento nos Estados Unidos e Canadá.

O vicepresidente de Hasbro, Mark Blecher declarou:

“A experiencia e liderado de Ubisoft nos xogos de videoconsola axudará á estratexia de Hasbro para traer aos usuarios envolventes experiencias de xogo coas nosas marcas en múltiples plataformas.”

Pola súa banda, o director de márketing e vendas de Ubisoft, Geoffroy Sardin dixo:

Hasbro crea xogos que todos coñecemos e amamos e estamos encantados de poder traballar con eles para crear novas experiencias de xogo baseadas nas súas marcas máis populares.”

Polo de agora toca agardar, pois aínda non se coñecen datas de lanzamento destes novos videoxogos.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario