UBI_4
A compañía Ubisoft asegura que exhibirá unha nova franquía para a nova xeración de consolas na vindeira Gamescom, que terá lugar en Alemaña a mediados de mes.

Non deron máis detalles sobre este enigmático novo título, polo que tocará agardar á cita xermana para coñecer os seus pormenores.

Aproveitando a ocasión, tamén anunciaron outro novo título: «Child of Light», da que se falará na vindeira Europe Game Developers Conference, que tamén terá lugar este mes de agosto. Este título chega da man de Patrick Plourde, director creativo de títulos como «Assassin’s Creed» ou «Far Cry».

“Despois de estar a traballar durante anos nalgunha das máis grandes produccións da industria dos videoxogos, o propio Patrick desafióuse a si mesmo a crear un xogo que fose totalmente oposto: un pequeno equipo, un pequeno presuposto e un ámbito íntimo.”

“O resultado foi un xogo chamado «Child of Light».”

A Gamescom celebrarase entre os vindeiros 21 e 25 de agosto en Colonia, Alemaña. Pola súa banda, a Europe Game Developers Conference terá lugar o 19 e 20 de agosto, na mesma cidade xermana.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

Deixar un comentario