tomb raider 2

Dende que os usuarios puidemos botarlle man a este reboot da saga de Tomb Raider xa demos por sentado que habería secuela, tanta calidade non pode limitarse a un só xogo.

Pois Phil Rogers,CEO de Square Enix en Europa e América acaba de asegurar que xa se está traballando nunha nova entrega de Tomb Raider para as consolas de próxima xeración, é dicir PS4 e Xbox One.

Se non tivestes a oportunidade de xogar a este novo renacer de Tomb Raider correde a por el, se queredes saber os motivos non tedes máis que ler a análise que lle fixemos en Memoria Pixelada.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Tomb Raider terá continuación en Xbox One e PS4”

  1. Anxo di:

    Estupenda noticia! co bo que foi o primeiro, de seguro que a segunda parte a de estar incrible. Desexando ver os fermosos paisaxes ós que nos ten afeitos Lara na proxima xeracion.

Deixar un comentario